INICIO

BENVIDA

Estamos nun espazo para o galego, con ferramentas, innovación, coñecemento e información.

Desde aquí podemos acceder a algúns avances que nos últimos tempos fixeron da lingua galega unha lingua de futuro e innovación; unha lingua que camiña cara á súa recuperación.

A permanencia das linguas no tempo depende, en gran medida, das ferramentas que as actualizan para achegalas ás novas necesidades. Por iso ofrecemos aquí algúns recursos que hoxe están á nosa disposición para mellorar na escrita da nosa lingua. Esta lingua que é hoxe símbolo da nosa identidade, expresión do noso desenvolvemento económico e social e proxección da nosa imaxe no mundo.

Ao alcance de todos e todas está escribir en galego con certificado de calidade e marca de orixe.
Unha lingua para un tempo novo, a nosa, o galego.

 

Para calquera aportación: achegas@recursosparaogalego.com